O Autor: Castelao
Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950
Debuxante, humorista gráfico, teórico da arte, escritor e político, Castelao é o referente indiscutible da cultura galega do século XX. O seu labor foi decisivo na conformación da arte, da narrativa e do rexurdir de Galicia mediante a acción política nacionalista. Colaborou coa xeración de 1916 nese florecemento da lingua e da cultura galega.
Foi membro do Seminario de Estudios Galegos, patrón do Museo de Pontevedra, fundador do Partido Galeguista e membro da Real Academia Galega. Dende o exilio defendeu o Estatuto de Autonomía para Galicia e os dereitos do noso pobo mediante o Consello de Galiza. Nese labor intelectual destaca o seu ensaio político Sempre en Galiza.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

