Celso Emilio Ferreiro - 2012

Celanova, 1912 – Vigo, 1979

Poeta do pobo, a obra de Celso Emilio aglutina crítica social, intimismo, sátira e compromiso coa Terra. Autor dalgún dos títulos que deixaron unha máis fonda pegada na literatura galega contemporánea, como Viaxe ao país doa ananos, Onde o mundo se chama Celanova, O soño sulagado, e sobre todo Longa noite de pedra, estandarte profusamente musicado desde a nova canción galega dos anos 60’ ate os nosos días. En 2012 conmemoramos o centenario do seu nacemento.

Durante esta sesión proxectaranse imaxes do documental "Finis Terrae (Galicia)", de Carlos Velo, cedidas polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), Laura Gardós e Miguel Anxo Fernández, a quen agradecemos a súa colaboración.

Programa

12:00 | Relatorio: Ramón Nicolás Rodríguez

Profesor e crítico literario. Realizou diversos traballos sobre Celso Emilio Ferreiro e ten a piques de publicar unha biografía sobre o celanovés.

13:00 | Labregos do Tempo dos Sputniks (35')

Tres colosos do punk (O Leo), do hip hop (García Mc -Dios Ke Te Crew-) e do ska (Vero –Xenreira-) conflúen nunha das bandas máis poderosas da escena musical galega actual, en tributo aos versos de Celso Emilio.

Presenta |  Luís Ferreiro, fillo do poeta e presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro

 

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada