Xogando con máscaras e marionetas utilizaremos a súa simboloxía na que se fusionan traxedia e comedia para representar diversas situacións que aparecen na obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao e no álbum Zimbo, de OQO Editora, no que se retrata a historia da loita pola liberdade dunha marioneta que quere desfacerse dos fíos que dirixen as súas accións.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

