Cando petan á porta pola noite

Xabier P. Docampo demostrou ao longo da súa traxectoria posuír unha especial habilidade para recoller a esencia da oralidade galega e trasladala á súa obra. Neste espectáculo faremos un percorrido polas historias contidas nun dos seus traballos máis premiados: Cando petan á porta pola noite. Nelas exploraremos a Terra Cha natal do autor, as lendas espalladas por toda a súa xeografía e as tradicións da nosa cultura.

Aproveitaremos tamén para beber doutros autores que nos axudarán a entender a necesidade que temos os galegos porque os nosos contos estean ateigados de estrañeza e misterio. Unha viaxe a través dos nosos medos e da nosa natureza.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás