Bonecos en escena espertará a creatividade e a imaxinación dos participantes, que deberán confeccionar os títeres para unha peza de teatro que será gravada e distribuída entre as familias. Na primeira sesión realizaranse xogos de presentación, lerase o conto A ratiña presumida e farase a distribución de personaxes. Na segunda sesión, confeccionaranse os títeres con material de refugallo; ensaios e gravación da peza de teatro con títeres. Na última sesión, terá lugar a montaxe e visionado público da peza de teatro.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)


