A arte tras os edificios do Gaiás | Nadal no Gaiás 2023-2024

Este Nadal a Cidade da Cultura convídavos a un programa especial de visitas comentadas para entender as orixes artísticas e estéticas que están detrás do deseño dos edificios do Gaiás da man de Miguel Cajigal, El Barroquista (membro do equipo de guías do Museo). 

Neste novidoso percorrido, cheo de referencias á creación plástica do século XX, descifraremos a influencia das vangardas creativas nas formas saídas do maxín de Peter Eisenman e, a través de exemplos da historia da arte e do deseño arquitectónico, redescubriremos as orixes de moitas das características plásticas do Gaiás.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)