O Auditorio da Biblioteca de Galicia convértese nunha pequena aldea con casiñas de madeira que parecen feitas de galletas de xenxibre. Nelas habita a veciñanza da Aldea Musical de Nadal, que lle contarán aos nenos e nenas como é a súa vida nun lugar máxico e sorprendente onde sempre é Nadal.
O arranxo polifónico das voces, a percusión con elementos pouco convencionais como axóuxeres, campás e un feixe de instrumentos, son as ferramentas que usarán os habitantes da aldea para contarannos as historias de panxoliñas universais como Silent Night, Adeste Fideles, A Belén vinde pastores, entre outras.Un espectáculo que leva a escena unha montaxe entrañable e tenra para pasar en familia nestas datas.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

