Esta primeira caixa dedícase a tres formas: ao punto, ao círculo e a esfera. A forma mínima e elemental do xogo é o punto.
- Punto. Unimos os puntos que atoparemos nas portas desta caixa con fío, con gomas... creando diferentes percorridos e formas.
- Círculo.Baseándonos na instalación de “People’ s Architecture” do artista e arquitecto Yona Friedman, construimos diferentes volumes cos hula hoops que atoparás no interior desta caixa.
- A esfera. (Actividade dinamizada por monitores) A través de dinámicas de xogo tomaremos consciencia do espazo esférico que habitamos e a distancia ata esas outras esferas que son os outros.
[Xogos propostos por Maushaus]
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)


