10 anos, 10 autores, 10 libros | Ledicia Costas

Coincidindo coa celebración do Día do Libro, este 23 de abril a Biblioteca de Galicia continúa co seu ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros. Nesta ocasión acompañaranos a escritora Ledicia Costas, recente Premio da Cultura Galega 2020 na categoría de Letras.

O libro seleccionado pola autora de Unha estrela no vento ou Infamia para revelarnos parte das súas preferencias literarias será Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Este “long seller” da ficción galega foi publicado por Edicións Xerais de Galicia en 1995, converténdose nunha obra de referencia para toda unha xeración de lectores de literatura xuvenil en galego.

Na súa charla Ledicia Costas estará acompañada por Manuel Bragado, mestre, editor e activista cultural. Ninguén mellor que el, director de Xerais cando se publica Cartas de inverno, para achegarnos ao universo desta novela de misterio e amizade.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada