O curso 'Activa o teu talento', impartido por Quelqum, terá lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura entre o 12 de abril e o 20 de setembro, en horario de 9 a 14 horas e con dúas xornadas lectivas por mes (exceptuando agosto).
Esta acción formativa estrutúrase en base a sesións abertas grupais de mentoría, nas que se traballa a través dun acompañamento que busca dar resposta ás necesidades como grupo e ás particularidades de cada un dos participantes na formación.
O programa busca ter un carácter integrador, axudando ao alumnado a deseñar e mellorar diversas áreas fundamentais para o seu desenvolvemento profesional. A meta do cadro docente neste sentido será axudar aos participantes na procura dos recursos e as habilidades para conseguir os seus obxectivos.