Programa Go2Work (3ª Edición)

Data: 
04/04/2018

Este mércores 4 de abril arrancan as sesións formativas do programa Go2Work, destinadas aos 22 proxectos emprendedores seleccionados para participar neste coworking impulsado por Igape e a EOI, que conta coa colaboración do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Durante estas sesións formativas, que terán lugar todos os mércores no Espazo OFF, axúdase aos emprendedores a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: “Lean StartUp: Avaliación e validación do teu plan de negocio”; “ Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Como poñer en marcha un Plan de márketing dixital”, etc.

Máis información neste enlace.