Valor e mestría | O fútbol galego contado pola súas protagonistas

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller (8 de marzo) e coincidindo coa exhibición no Museo Centro Gaiás da exposición 'Valor e mestría. Galicia como fútbol', a Cidade da Cultura de Galicia organiza unha mesa redonda sobre o fútbol feminino.

A moderadora é Cristina López Villar, doutora e mestra da Universidade da Coruña e que tamén colabora no catálogo da exposición ‘Valor e mestría. Galicia como fútbol’. Como intervenientes estarán Lis Franco, estrela do equipo feminino Karbo, e Teresa Abelleira, capitá do Real Club Deportivo da Coruña feminino, que xoga coa Selección Española de Fútbol.

Hai que salientar que o Karbo conquistou unha Copa Raíña Sofía (tempada 1981-1982) e tres campionatos de España consecutivos (do 1893 ao 1985) , así como unha Copa Galega. Ademais, fíxose coas cinco ligas galegas celebradas entre 1983 e 1988.

Visitas comentadas centradas no fútbol feminino
Ademais, vencelladas con esta exposición, a Cidade da Cultura organiza durante semana do ‘Día Internacional da Muller’ visitas comentadas á exposición ‘Valor e mestría’, centradas especificamente no papel da muller neste deporte, que tivo como pioneiras a principios do século pasado a famosa porteira Irene e ao equipo Estradense, de Viveiro. Xa en 1981 a formación coruñesa Karbo, foi a primeira en ser campioa de Liga feminina en España; e, na actualidade, contamos como referente do fútbol internacional feminino a galega Verónica Boquete. Esta compostelá foi a primeira española en erguer unha Copa da Champions League Feminina.