Orzamentos

Orzamentos da entidade

PAIF e orzamentos da Fundación Cidade da Cultura

 

Outras cuestións orzamentarias

Certificado de aprobación de prezos

 

Réxime fiscal

 

Periodo medio de pago a proveedores

 

Presentación facturas en sistema electrónico de facturación

As facturas emitidas polo contratista presentaranse en formato electrónico a través do Sistema de Facturación da Xunta de Galicia (SEF). Orde 12.02.2010-DOG 16.02.2010). O enlace para rexistrase e obter o contrasinal para presentar as facturas no SEF da Xunta: https://factura.conselleriadefacenda.es/eFactura_web/.

No caso de contratos menores, obrigatoriamente, xunto coa presentación da factura no SEF, deberá adxuntarse como documento anexo, a proposta de gasto menor, debidamente asinada, que lle da soporte (sexa unha ou varias).

O pagamento farase nos prazos que establece a normativa de loita contra a morosidade en operación comerciais (Lei 3/2004). Trinta días para o pagamento ao que se refire o artigo 198.4 da LCSP 2017, que se iniciará a partir do acto formal de recepción de conformidade; isto é a partir da sinatura do empregado público que acredite a súa recepción, sempre que a factura reúna os requisitos esixidos para a súa validez. No caso de que o contratista entregue a factura con posterioridade á realización do acto formal de comprobación, o prazo de trinta días para realizar o pagamento computarase a partir da data de recepción da factura.