Pista deportiva para ciclismo BMX

 O Gaiás conta entre os seus espazos dedicados ao ocio e ao deporte ao aire libre cunha pista deportiva para a práctica do ciclismo BMX. Trátase dun circuíto de 400 metros de lonxitude cun grao de dificultade medio, de xeito que pode resultar atractivo a usuarios e usuarias con distintos niveis de destreza.
 
A pista está situada na ladeira sur do monte Gaiás, sobre un outeiro articial. Non se trata dunha pista de carreiras oficial, xa que nin a lonxitude nin o ancho están adaptados á normativa para considerarse como tal, pero si se tiveron en conta para a súa construción as consideracións de seguridade recollidas na Guía de pistas BMX da Unión Ciclista Internacional.
 
O circuíto conta con treitos rectos, curvas, elevacións e superficie rugosa para evitar esvaróns.
 
idade mínima para o uso da pista sitúase nos 14 anos. No caso de que sexa utilizada por persoas de menor idade, estas deben facelo baixo a supervisión dunha persoa responsable.
 

MAPA DE SITUACIÓN E ACCESOS

 
 
 
 

ACCESOS:

  • Dende a Rúa Diego Bernal, subindo polos sendeiros do Bosque de Galicia. A mellor opción se xa ves na bicicleta.
  • Dende o Campo do Gaiás, na zona de aparcamentos. Ten en conta que é unha zona con máis tráfico de coches, por mor do enlace coa autoestrada.
  • Dende as inmediacións das Torres Hejduk. É un acceso máis peonil.