Formularios
- Petición de cesión de espazos
- Anexo I: Planos do espazo do Centro de Emprendemento
- Anexo II: Entidades sen fins lucrativos
- Anexo III: Entidades lucrativas
- Anexo IV: Iniciativas culturais emprendedoras
- Petición de cesión de imaxes e grabacións
- Solicitude de toma de imaxes fotográficas ou de vídeo
- Instancia xeral
- Petición de cesión de espazos para instalación de vehículos e carros de comida
Modo de presentación
As solicitudes presentaranse:
1. Por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica), mediante o servizo PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado e o destinatario será a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. No cadro "Asunto relacionado" do formulario PR004A deberá indicarse "Att. Fundación Cidade da Cultura de Galicia. (Indicar a continuación o tipo de formulario)”. ESTE SISTEMA SERÁ OBRIGATORIO PARA OS OBRIGADOS A RELACIONARSE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.
Ley 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Artigo 10. Obrigatoriedade de emprego dos medios electrónicos
1. No ámbito do sector público autonómico estarán obrigados a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, ademais dos indicados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os seguintes suxeitos:
- Os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.
- O estudantado universitario para os trámites e as actuacións que realicen motivados pola súa condición académica.
- As persoas que representen un suxeito obrigado dos anteriormente indicados.
2.- Por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.