Delegado de Protección de Datos (DPD)

O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obrigación de designar a un Delegado de Protección de Datos (DPD).


A Fundación Da Cidade Da Cultura de Galicia designou ao seu DPD correctamente, tal e como se pode comprobar en: Consulta DPD


Delegado de Protección de Datos: Delegado de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia
Contacto: Solicitude xenérica - Sede Electrónica - Xunta de Galicia


As súas funcións veñen definidas no artigo 39 do RGPD e consisten principalmente en informar e asesorar a Fundación Da Cidade Da Cultura de Galicia e aos seus traballadores sobre as obrigacións que lles incumben no tratamento de datos de carácter persoal, e a supervisión do seu cumprimento. Así mesmo, debe cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e actuar como punto de contacto entre esta e a Fundación Da Cidade Da Cultura de Galicia.

Á súa vez, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos se lle xorden dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte da Fundación Da Cidade Da Cultura de Galicia ou non está conforme co mesmo. Para iso, pode contactar co Delegado de Protección de Datos da Fundación Da Cidade Da Cultura de Galicia dirixíndose por escrito á dirección de Solicitude xenérica - Sede Electrónica - Xunta de Galicia

Máis información: Axencia Española de Protección de Datos – Delegado de Protección de Datos