Estudos de contabilidade social

Contabilidade social Exercicio 2019

Para medir o impacto e aportación da Cidade da Cultura á sociedade, realizouse un estudo en colaboración coa Deusto Business School e as consultoras LKS Next e Algalia Coop., a partir da metodoloxía da contabilidade social -que traduce a cifras o valor que unha organización crea na súa contorna, no que respecta a variables que, por non teren un prezo, non se reflicten na contabilidade tradicional, pese a que si son percibidas como valiosas pola cidadanía-.