Pintores ucraínos | Exposición colectiva benéfica

Organizada pola Fundación Europeos con Ucrania, coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, na exposición colectiva benéfica Pintores ucranianos móstranse un total de 30 obras de artistas de Ucraína: Vadim Suvorov (Odesa), Lev Skop (Leópolis), Maryna Olkhova (refuxiada en Francia), Anna Koper e Natalia Afonina (que residen na Coruña).

As pinturas estarán á venda e os fondos obtidos pola adquisición das obras serán destinados a proxectos humanitarios que a Fundación Europeos con Ucrania está desenvolvendo nese país: compra de equipos para hospitais, escolas e residencias de mulleres e nenos, subministro de ambulancias blindadas e de materiais de construción para reconstruír vivendas danadas polos bombardeos.