Patrimonio Acústico Europeo

Tras a súa estadía en Tampere, Grenoble, Bruxelas e a cidade grega de Volos, a mostra European Acoustic Heritage (Patrimonio Acústico Europeo) chega á Cidade da Cultura para a súa exhibición do 20 de abril ao 3 de maio no edificio do Centro de Emprendemento Creativo de Galicia.

A exposición, de carácter prioritariamente divulgativo, artéllase a través de diferentes materiais e dispositivos interactivos co obxectivo de lles achegar aos visitantes unha cartografía xeral arredor dos múltiples mapas sonoros elaborados durante os últimos dous anos polos diferentes grupos de traballo asociados ao proxecto; así como de afondar noutra, máis específica, que se centra nos estudos dos sons da auga e na que Galicia participou activamente.

Actividades paralelas:

  • Conferencias
  • Obradoiros
  • Paseos sonoros
  • Actividades pedagóxicas
  • Concertos

 

+Info: www.europeanacousticheritage.eu