O Galiverso

Galiverso é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente.

Dentro do Galiverso é posible subir no batiscafo virtual e explorar os fondos os fondos mariños da costa galega no Galiverso somerxido, ou viaxar polos 13 destinos de gran valor cultural, histórico e paisaxístico que ofrece o mapa do Galiverso empeza aquí, como a cripta do Apóstolo na Catedral de Santiago, o canón do Sil, a Torre de Hércules na Coruña e o templo romano de Santalla de Bóveda en Mera (Lugo), entre outros. Tamén viaxar ao pasado e camiñar polas rúas do vello Portomarín tal como eran antes de que a antiga vila fose anegada pola construción do encoro de Belesar e visitar os 11 centros que forman parte da Rede de Museos de Galicia no Galiverso dos Museos.

Para entrar no Galiverso é necesario ter como mínimo 8 anos de idade* e reservar praza, de balde, no Museo Centro Gaiás ou a través de Ataquilla. A sala do Galiverso está aberta na Cidade da Cultura de martes a venres en horario de tarde de 16.00 a 20.00 horas, así como sábados, domingos e festivos (excepto luns), de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. O acceso péchase media hora antes (14.00h pola mañá e 19.30h pola tarde).

*As nenas e nenos menores de 12 anos de idade deben estar estar acompañados/as durante a experiencia dunha persoa adulta responsable.

Queres reservar praza? Preme AQUÍ.

Queres saber máis sobre o Galiverso? Preme sobre cada imaxe!

Galiverso dos museos |  A partir do 26 de marzo 2024

Galiverso dos Museos

Galiverso somerxido |  Ata 17 marzo 2024

Galiverso somerxido

Galiverso. O vello Portomarín  |  Ata 17 marzo 2024

Galiverso. O vello Portomarín

O Galiverso empeza aquí  |  Ata 17 marzo 2024

 
Exposicións