Emigrantes: terras, xentes, emocións

Emigrantes: terras, xentes, emocións propón unha viaxe pola emigración galega a través do patrimonio documental. Conformada por preto de 50 documentos que se custodian no Arquivo de Galicia, a nova mostra desta institución abarca cronoloxicamente comprendido entre os séculos XVII e XX. Dos documentos que reúne, 43 proceden dos diversos fondos, tanto de orixe pública como privada, que se custodian no Arquivo de Galicia, e os restantes, dous álbums de postais, son da colección particular dunha familia retornada de Cuba.

Entre os documentos de orixe pública destacan os procedentes da Secretaría Xeral de Emigración, todos eles relacionados coas actividades desenvolvidas polas sociedades galegas en Arxentina e Cuba, mentres que os de orixe privada proceden dos fondos da Familia Vilariño Pintos, da Familia Pita da Veiga, da Casa de Banco e Comercio Bengoechea e mais da Asociación Cultural O Penedo.

A selección que conforma a mostra fai referencia a ámbitos diversos, con información relativa aos transportes, de carácter bancario ou mesmo médico, que reflicten diferentes aspectos da emigración en distintos momentos históricos.