De balde o catálogo de Pensar coas mans

Nesta volta a facer as cousas por nós mesmos/as e a experimentalas coas nosas mans (amasar, calcetar, cociñar ou moldear) estamos a darlles o valor que merecen ao feito a man e aos produtos dos oficios artesáns. Este era o principal propósito da exposición Pensar coas mans  do Museo Centro Gaiás, na que a través de 250 pezas de cestería, cerámica e xoiería se amosou e reivindicou este elemento diferenciador e de prestixio da artesanía de Galicia fronte ao impersionalismo das copias de serie de produción industrial.

Unha excelencia que lle ten valido o recoñecemento de marcas como Loewe; o emprego de vaixelas galegas en restaurantes con estrelas Michelin; reportaxes eloxiosas en publicacións especializadas; ou espazos destacados en feiras internacionais do sector.

De todo isto e polo miúdo afóndase no catálogo que vos facilitamos de balde e en liña desta exposición, que non só espertou o interese de máis de 30.000 visitantes senón que ao igual que nos ocorre a moitas e moitos de nós agora propiciou as ganas de aprender e recuperar técnicas milenarias destes oficios, tal e como quedou demostrado nos exitosos obradoiros artesáns que realizamos en paralelo á exposición.

PREME NO NOSO ANDEL VIRTUAL PARA VISUALIZALO  EN LIÑA