Códices

Códices propón unha inmersión nunha Idade Media afastada dos tópicos oscurantistas; unha Idade Media de luminosidade e desenvolvemento cultural, de miniaturas, imaxes, cores, manuscritos e imprentas... Folios e pergameos que traslucen toda unha organización social, económica e política. A viaxe levará ao visitante polas principais mostras de códices e libros medievais entre os séculos X e XV, con exemplares únicos en Europa, como o Códice Calixtino e os diversos tomos; o primeiro libro impreso en Galicia, caso do Misal Auriense; ou magníficas copias miniadas, como a Legenda Maior ou o Pasionario Tudense.

Todo un percorrido plantexado dende a sinxela dobre perspectiva do coñecemento e do disfrute, e facendo sempre fincapé na importancia, individualidade e particularidade de cada un dos volumes.

Unha exposición irrepetible con doce xoias da produción documental da Igrexa na Idade Media que se mostran ao público en todo o seu esplendor.

 

Catálogo de Códices

O Catálogo da exposición Códices está á venda no Museo Centro Gaiás e mais en librerías.

Edición bilingüe: galego e castelán

Formato: 24 x 30 cm

Páxinas: 72

Tintas: 4/4 en papel Medley branco (160 gr)

Encadernación: Papel Curious touch arches branco (300 gr), con estampación en ouro, lapas e cosido a fío vexetal. Retractilado unitario

PVP: 15€

Edita: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Textos: José María Díaz Fernández (deán da Catedral de Santiago) e Xosé Manoel Sánchez Sánchez (Comisario da exposición)

Se está interesado en comprar algún exemplar para poñelo á venda na súa librería pode poñerse en contacto coa distribuidora Egartorre (para España): www.egartorre.com | 91 8729390; ou coa Editorial Galaxia (para Galicia): www.editorialgalaxia.es | 986 265144