Cidades no tempo

Cidades no tempo é un gran proxecto expositivo que abrangue as sete principais cidades galegas, converténdose en sete mostras singulares que comparten estrutura. A iniciativa é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e a Afundación (Obra Social ABANCA), no marco da programación do Xacobeo 21•22.

O seu percorrido comezará na sede de Afundación en Santiago de Compostela, para continuar polos distintos espazos da entidade en Ferrol, Lugo, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Ourense durante este 2022 e estendéndose ao 2023 e 2024. O obxectivo da mostra é reivindicar a Galicia urbana como compoñente clave da identidade e cultura galegas, cun legado que se remonta séculos na historia. Así, explora a interacción entre o urbanismo, a sociedade e o territorio que conforman as distintas urbes, mostrando o específico de cada unha delas pero tamén a súa conexión. Estética, economía, creación artística, educación, a memoria e os imaxinarios locais contribúen a facer visible a cidade como un amplo sistema interconectado.

 Á fronte da exposición está Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega, ademais de ser o responsable dunha das mostras con máis visitantes do Gaiás, Galicia, un relato no mundo. Pero, ademais do comisario, a iniciativa implica a un extenso equipo de traballo, conformado por recoñecidos expertos en diversos eidos como a Xeografía, a Antropoloxía, a Arquitectura ou a Historia da Arte, entre outras disciplinas. En total, entre os comités asesores e os coordinadores locais, a organización do proxecto implica directamente a máis de 60 persoas.

A través da combinación entre obxectos e materiais físicos e tecnoloxías interactivas, a exposición propón unha experiencia multimedia de descubrimento das orixes agochadas ou esquecidas das culturas urbanas.

As características desta exposición, tanto polo percorrido que fai por toda Galicia adaptándose a cada cidade, como pola aplicación da tecnoloxía e o factor humano que participa da súa posta en marcha, fan dela un dos proxectos expositivos de maior complexidade técnica impulsados pola Xunta de Galicia nos últimos tempos.

Santiago de Compostela no tempo

XUÑO — SETEMBRO 2022 [REMATADADA]

SEDE AFUNDACIÓN (Rúa do Vilar, 19)

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Máis información premendo aquí

 

Ferrol no tempo

NOVEMBRO 2022 — XANEIRO 2023 [REMATADA]

SEDE AFUNDACIÓN (Plaza Constitución s/n)

FERROL

Máis información premendo aquí

Lugo no tempo

 

28 MARZO - 27 MAIO 2023 [REMATADA]

SEDE AFUNDACIÓN (Praza Maior, 16/Praza Santa María, s/n)

LUGO

Máis información premendo aquí

A Coruña no tempo

12 XULLO - 16 SETEMBRO 2023 [REMATADA]

SEDE AFUNDACIÓN (Cantón Grande, 8 )                                  

A CORUÑA

Máis información premendo aquí

Vigo no tempo 

10 NOVEMBRO 2023 - 20 XANEIRO 2024 [REMATADA]

SEDE AFUNDACIÓN (Policarpo Sanz, 26)

VIGO

Máis información premendo aquí 

Ourense no tempo 

5 MARZO 2024 - 12 MAIO 2024 

SALA DE EXPOSICIÓNS AFUNDACIÓN (Praza Maior, 4)

OURENSE 

Máis información premendo aquí