Artesáns da madeira: as novas xeracións

O Museo Centro Gaiás acolle a mostra Artesáns da madeira: as novas xeracións, exhibición de 33 prototipos de cadeiras creadas por alumnos de once centros de FP e EASD de Galicia que traballan a madeira como materia e sector de futuro. 

Un total de 11 centros educativos participan nesta pequena exposición que busca poñer en valor o talento dos nosos mozos e dar a coñecer o futuro do deseño industrial e do moble no noso país. Así, o visitante poderá admirar un total de 33 prototipos elaborados desde o CIFP Ferrolterra, o IES de Melide, o IES de Ortigueira, o CIFP Politécnico de Santiago, a EASD Mestre Mateo de Santiago, o CIFP Politécnico de Lugo, a EASD Antonio Faílde de Ourense, o IES Antón Losada Diéguez da Estrada, o CIFP A Xunqueira de Pontevedra, o IES de Salvaterra de Miño e o CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo.