Arquivos: gobernanza, memoria e patrimonio

O Arquivo de Galicia inaugura unha mostra baixo o lema do Día dos ArquivosArquivos: gobernanza, memoria, patrimonio para mostrar documentos que custodia e que reflicten diferentes accións de goberno nos ámbitos da educación, o desenvolvemento económico, a saúde pública ou a participación cidadá, entre outros.

 

Todos forman parte do patrimonio documental galego e da memoria da sociedade. Este mesmo venres 8 haberá xornada de portas abertas e visitas guiadas ás exposicións que alberga o arquivo, Santiago. Protección e transformación e Arquivos: gobernanza, memoria e patrimonio.

 

As visitas guiadas prolongaranse ata o 15 de xuño, en horario de mañá, con inscrición previa.