Obradoiros sobre Francisco Asorey | Día das Artes Galegas 2024

A madeira, a cor… son características da obra do escultor Francisco Asorey, homenaxeado este ano polo Día das Artes Galegas. Vós tamén podedes achegarvos á técnica da policromía a través dunha aproximación á súa obra cuns obradoiros formativos e prácticos cos que entender mellor.os seus procesos e a súa importancia nas nosas artes.

A actividade pretende achegar a súa figura tanto a público adulto como á cativada, con dous obradoiros adaptados aos distintos grupos de idade que incidirán sobre os traballos sobre madeira do escultor:

  • Por un lado, unha parte teórica afondará nas distintas técnicas que Asorey desenvolveu no seu momento sobre a madeira e as súas influencias, así como os pigmentos que utilizaba, como os aplicaba e o seu tratamento previo e posterior.
  • Nunha parte práctica, e para comprender mellor a técnica da policromía e os conceptos abordados, as persoas participantes poderán experimentar por si mesmas coa cor sobre madeira, aplicando pigmentos e observando resultados.

*Obradoiro para persoas adultas (maiores de 18 anos), ás 11.30 horas.

*Obradoiro familiar, entre 6 e 12 anos co acompañamento dunha persoa adulta, ás 16.30 horas.

 Sobre Francisco Asorey

Francisco Asorey (1889-1961) está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes na renovación escultórica española do século XX. Traballou a pedra e a madeira nas súas esculturas e con este último material realizou no seu obradoiro de Santiago unha serie de tallas policromadas nas que a protagonista é a muller galega. Nelas experimenta coa cor, levando a cabo un tratamento naturalista aplicando sutilmente a policromía sen perder a calidade da madeira e dotando as pezas de gran humanidade.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h