Visitas comentadas | Barreiro. O silencio que chove luz na xanela

Percorrido comentado pola exposición Barreiro.O silencio que chove luz na xanela. Unha mostra que recolle unha selección de pinturas e debuxos de José María Barreiro pintor de Forcarei (Pontevedra), continuador da renovación do vangardismo histórico.

Ven mergullarte, da man do noso equipo de guías, neste relato pictórico que nos transporta a 60 anos de traballo, tendo en conta os lugares da vida do artista.Pontevedra, a súa terra. Madrid, onde expuxo a súa obra na Galería Toisón. París, onde estudou a pintura de Cézanne, Matisse e Picasso. Vigo, onde estableceu un círculo de amizades como Lugrís, Oroza ou Laxeiro. Buenos Aires, onde viaxou con Laxeiro para expoñer e onde permaneceu 4 anos. Santa María de Cela (Bueu), onde creou o seu remanso de paz, e onde hoxe ten o seu taller. 

A exposición, comisariada por Pilar Corredoira e Antón Castro, transpórtanos a través da súa intensa cor aos seus mundos, a temas que falan de recordos, espidos femininos, gaiteiros, músicos e instrumentos musicais (violinistas, acordeonistas, guitarristas), concertos, margaridas, flores de toxo, vaixelas, naturezas mortas… e a sempre presente enigmática xanela.

Información a ter en conta

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reserva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade. Tamén podes reservar directamente no Punto de información do Museo.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
  • Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.


 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h