Galicia Open Future

O Centro de Emprendemento Creativo suma ao seu espazo o Galicia Open Future, unha iniciativa promovida por Telefónica co apoio da Xunta de Galicia para potenciar o emprendemento innovador na comunidade e que ofrecerá os seus recursos e ferramentas para o desenvolvemento 50 proxectos empresariais innovadores. 

Galicia Open Future compartirá espazo e sinerxías co Coworking Gaiás  no Centro de Emprendemento Creativo, onde se localizará o centro de Crowdworking que albergará as iniciativas empresariais seleccionadas. Desde aquí os usuarios poderán acceder a actividades de formación e mentoring e conectar co talento internacional para desenvolver os seus proxectos. Ademais, activaranse programas específicos de maduración, baixo a tutela dos mellores expertos e profesionais.

As empresas e profesionais interesados en incorporarse a Galicia Open Future poden presentar as súas candidaturas antes do 15 de xuño cumprimentando o formulario de inscrición habilitado en galicia.openfuture.org e poden realizar consultas o resolver dúbidas no email galicia.crowdworking@openfuture.org.

Os 50 candidatos ao crowdworking que finalmente sexan seleccionados na convocatoria contarán cun patrocinio de 2.000 euros por proxecto como recoñecemento ao esforzo investigador e innovador e como apoio a iniciativas de emprendemento empresarial en Galicia. Ademais, a Xunta de Galicia a través de GAIN concederá unha axuda de 25.000 € a cada unha das tres propostas seleccionadas anualmente como mellores proxectos unha vez que Telefónica certifique a relación de proxectos seleccionados.

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h