Obradoiros | Torneado cerámico

Na exposición 'Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia' tamén te atoparás con artesáns e artesás que están a traballar 'in situ' para amosar como de actual, vixente e vangardista é artesanía galega. Un plan que non entende de idades ao que se pode acudir en familia para a transmisión desta herdanza creativa ás xeracións presentes e futuras.

Deste xeito, nestas fins de semana, se visitas á exposición, atoparastes con demostración ao vivo, e de balde, sen necesidade de inscrición, impartidos por Susana González, Antón Román e Roberto Piñeiro.

Todo un luxo e unha oportunidade poder contar con estes profesionais para coñecer de primeira man neste disciplina artesá, ademais de gozar da experiencia de ver como se traballa nun oficio con tanto peso e arraigamento na nosa cultura, actividade tradicional e patrimonio.

 
 
28 Oct 2025 — 5 Apr 2026
Tuesday to Sunday | 10 am — 8 pm
From Tuesday to Sunday
4 Feb — 30 Aug 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Jun — 29 Nov 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.