Otero Pedrayo - 2012

Ourense, 1888 – 1976

O gran patriarca das letras galegas foi un escritor prolífico, tanto na esfera literaria como no ámbito do ensaio.

Figura central do galeguismo cultural e político, posuidor dunha cultura enciclopédica e fondo coñecedor da sociedade rural galega da época, na súa obra agroman todos estes elementos enlazados por un verbo exuberante e evocador.

De entre a súa produción literaria destaca Arredor de si, ademais de Os camiños da vida, O mesón dos ermos e O señorito da Reboraina.

 

Programa

12:00 | Relatorio: Ramón Villares

Ensaísta e Catedrático de Historia Contemporánea, foi reitor da USC e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea, exercendo na actualidade o cargo de presidente do Consello da Cultura Galega. Intelectual de referencia, é un consumado especialista na figura de Don Ramón de Trasalba.

13:15 | Fidalgo (15')

A compañía Casa Hamlet regresa ao noso ciclo da man desta peza teatral baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo. Interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.

13:30 | Concerto: Chamber Music (15')

A compañía Casa Hamlet regresa ao noso ciclo da man desta peza teatral baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo. Interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.

Presenta |  Víctor F. Freixanes, escritor e xornalista, membro da Real Academia Galega, director xeral de editorial Galaxia e presidente da Fundación Otero Pedrayo.

 

 
Letras & Pensamento