Fundación Cidade da Cultura

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia créase en 1999, por iniciativa da Xunta de Galicia e baixo o réxime de Fundacións de Interese Galego, co obxecto de centrarse na creación e xestión dun "espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador, propicio para a interacción cultural".

Situada en Santiago de Compostela e concibida como un polo cultural de grande envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia perfilouse desde as súas orixes como un instrumento que, conxugando pasado e futuro, permitise a Galicia abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o seu desenvolvemento: o da cultura.

Despois de dez anos dun intenso e rico debate e dun coidado proceso construtivo, a Cidade da Cultura de Galicia botou a andar en 2011 como un proxecto que pon a arquitectura ao servizo da cultura e a arte.

 

Declaración de Fundación de Interese Galego, adscrición ao protectorado da Consellería de Cultura e rexistro en Fundacións de Interese Galego

PDF iconOrde pola que se clasifica como de interese cultural

PDF iconDeclaración FCCG interese galego, adscrición Protectorado e rexistro fundación

 

Estatutos

PDF iconEstatutos consolidados

 

Composición do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Como organización de natureza fundacional, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia está gobernada por un Padroado coa seguinte composición:

Presidente de Honra

Presidente da Xunta de Galicia:   Alfonso Rueda Valenzuela

Presidente do Padroado

Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades:   Román Rodríguez González

Vicepresidente

Conselleiro de Facenda e Administración Pública:   Miguel Corgos López-Prado

Vogais

Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade:   Ethel María Vázquez Mourelle

Representante do Concello de Santiago de Compostela

Secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade:   Manuel Vila López

Secretario Xeral Técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda:   Jorge Atán Castro

Director Xeral de Cultura:   Anxo Manuel Lorenzo Suárez

Directora Xeral do Patrimonio Cultural:   María del Carmen Martínez Insua

Director Xeral de Comunicación da Secretaría Xeral de Medios:   Jorge Pan Varea

Director Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos:   David Cabañó Fernández

Director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC):   Jacobo Sutil Nesta

Reprsentante da Axencia Turismo de Galicia

Coordinador de Sostibilidade Afundación: Fernando Filgueiras Feal.

Xerente Afundación:   Pedro Antonio Otero Espinar

Presidente de Transmonbus, S.L.:   Raúl López López

Director de Relacións do Grupo Gadisa:   Miguel Freire Abeijón

Director Xeral de Sabadell Gallego:   Pablo Gerardo Junceda Moreno

Director Territorial deTelefónica España:   Manuel Ángel Alonso Pérez

 

Delegacións

Delegación na Dirección-Xerencia.

Delegación na Secretaría do Padroado para o caso da substitución.

 

Código Ético Institucional

Resolución do 8 de setembro de 2014 conxunta da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2014, polo que se aproba o Código Ético Institucional da Xunta de Galicia.

 

Contacto e horario de atención ao público

  • Administración [ De 9 a 14:00 horas]
  • Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Visitante [De luns a domingo de 10:00 a 20:00 horas]

 

II Plan Estratéxico 2021-2027

PDF iconII Plan Estratéxico da Cidade da Cultura 2021-2027 [RESUMO EXECUTIVO]

 

Plan Estratéxico 2012-2018

PDF icon Plan Estratexico 2012-2018

 

Normativa de aplicación

Descarga de documentos