Webinario: introdución á escrita xeroglífica exipcia

Achégate á escrita xeroglífica, entende o seu funcionamento e as principais claves para descifrala da man de César Guerra, historiador da arte e exiptólogo que, a partir de ferramentas básicas tiradas das pezas expostas en Faraón. Rei de Exipto, servirán como porta de entrada para iniciarse no apaixonante mundo dos xeróglifos exipcios e tamén comprender o sistema cultural, relixioso e artístico que rodeaba a figura do Faraón.

Neste webinario impartido en liña coñeceremos a historia da Pedra Rosetta e por que foi a chave para comezar a desentrañar os misterios desta escrita milenaria. Descubriremos tamén como as olladas dos animais representados nos xeróglifos nos dan a pista principal para comezar a ler estes textos e aprenderemos a descifrar os nomes dos faraóns, que sempre se inserían nun "cartucho" -o símbolo "shen"- un nudo circular que simboliza unha protección eterna.

A través das obras expostas en Faraón. Rei de Exipto poderemos comprender un pouco mellor os textos que nos deixou a civilización do Antigo Exipto a través de historias como a de Hatshepsut, esposa de Tutmosis II que á súa morte reinou como Faraón durante máis de 20 anos, converténdose nunha das poucas mulleres Faraón das que perviviu a súa historia pese a sufrir despois da súa morte a 'damnatio memoriae', na que o seu 'cartucho' foi borrado ou omitido de numerosos rexistros arqueolóxicos.

Índice de contidos

  • Que son os xeróglifos exipcios?
  • Tipos de sistemas de escritura no Antigo Exipto
  • A lingua exipcia e a sua tradución
  • Por onde comezamos a ler?
  • A transliteración
  • Os signos xeroglíficos
  • Fonogramas, ideogramas e determinativos
  • Redución e complementos fonéticos
  • Xénero e número
  • Adxectivos
  • O nome real. Introdución
  • Os 5 nomes do faraón
  • O nome do faraón e como lelo
  • Epítetos reais máis habituais
  • Faraóns estranxeiros
  • O faraón despois de morto
  • Damnatio Memoriae 

 

Imparte: César Guerra Méndez, exiptólogo

César Guerra Méndez é historiador da arte pola USC. Estudou o Master de exiptoloxía da Universidade de Liverpool, ademais de participar en varios congresos internacionais presentando temas relativos á cultura e arte do antigo Exipto e realizar diferentes publicacións en revistas académicas.

Actualmente xestiona a plataforma web de estudo do Antigo Exipto www.elescribafrustrado.com, que tamén conta con presenza activa nas redes sociais (twitter.com/EscribaFrustrad).