Tips de xestión para produtoras de artes escénicas e introducción á economía social

Escena Galega, a Asociación de Empresas de Artes Escénicas de Galicia, pecha a súa proposta formativa do 2023 cunha formación titulada "Tips de xestión para produtoras de artes escénicas e introducción á economía social". A sesión impartirase o 26 de setembro no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia en horario de 9.30 a 14.30h e de 16.00 a 19.00h. 

A actividade está enfocada a profesionais das artes escénicas, especificamente do perfil de xestión ou que realicen estas labores dentro do seu ámbito de traballo. As compañías asociadas a Escena Galega poderán inscribir ao seu nome a colaboradores/as externos se así o desexan, aínda que non formen parte do núcleo estable da compañía.

Contidos 

— Xornada de mañá: Tips para a xestión de produtoras de artes escénicas. Imparte: Fernando Piñeiro

Para tratar de evitar ser absorbidos polo día a día e tomar decisións adecuadas as empresas deben ser capaces de establecer un rumbo a tomar, o que chamamos unha visión, unha misión e uns valores. Deste xeito, as decisións que se toman deben ser acordes a un plan establecido, cun propósito fixado.
A Planificación Estratéxica é aquel proceso polo cal unha empresa determina os seus obxectivos e as accións para acadalos no tempo, tendo en conta as ameazas e oportunidades que lle brinda o seu mercado. Planificar implica establecer un plan de futuro, tanto das actuacións a levar a cabo como do posible impacto que van a ter esas actuacións na súa conta de resultados.

— Xornada de tarde: Introdución á economía social. Imparte: Rosa Álvarez Bernárdez

Que é unha cooperativa? Como funcionan? Pode o noso proxecto desenvolverse no marco desta fórmula? Que vantaxes ten para o noso proxecto? Cales son os retos e puntos a ter en conta? Como facer para poñer en marcha unha cooperativa? Existen casos de experiencias cooperativas no sector cultural galego? Estas son algunhas das preguntas que motivan esta actividade e sobre as que imos falar na sesión do martes 26 de setembro. As cooperativas ofrecen unha estrutura organizativa que se aliña ben cos valores e desafíos do sector cultural, promovendo colaboración, autonomía, igualdade e sostibilidade. Poden ser unha resposta eficaz aos problemas cos que se atopan as artistas e traballadoras culturais nun mundo en constante cambio.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
De martes a domingo
Con reserva de praza
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria aberta
Ata o 17 Mar 2024
Convocatoria aberta
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
9 Mar 2024
11.00—14.00 h | 17.00—20.00 h
22 Mar - 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h