O Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) organiza o luns 15 de xuño no Espazo REGA 1 do Museo Centro Gaiás un diálogo internacional entre arte e ciencia co obxectivo de expandir as fronteiras do coñecemento cara a novas formas de creación, e ofrecer inspiración e ferramentas prácticas para reflexionar como colaborar máis aló da academia, aprendendo de experiencias e intereses das e os participantes.
O obradoiro propón unha viaxe desde o familiar cara ao descoñecido centrando a mirada na creatividade e o situado na investigación, integrando diversos saberes nun punto de encontro entre a imaxinación e o rigor investigativo.
Será facilitado por Seila Fernández Arconada, artista e investigadora multidisciplinar cuxa práctica se centra nas incertezas socio-ecolóxicas contemporáneas, influídas polo cambio climático, os conflitos sociais e as actividades extractivas que afectan á natureza, especialmente nas masas de auga.
Inscricións ata o 12 de xuño no formulario: https://saco.csic.es/apps/forms/s/pmb8XCaGbwGMAmzQyJny2NG5
Esta actividade enmárcase na colaboración entre o proxecto HydroCommons, do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC, e XEITO | Laboratorio de Creación Etnográfica, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT).





























