A porta aberta | Intervención gañadora EAN11

Un proxecto vivencial para “habitar” as Torres Hejduk e convertelas temporalmente nun estudio artístico aberto ao público e ao diálogo é o proxecto gañador da IX Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, dirixida aos e ás participantes do XI Encontro de Artistas Novos #EAN11.

Nesta proposta performática, titulada A porta aberta, a artista galega Lúa Gándara habitará durante un mes o interior das torres, amosando o seu proceso de creación e ofrecendo a oportunidade de conversar sobre arte e pintura abstracta nun lugar aberto á participación e ao diálogo.

Nun analoxía do xeito en que o Xacobeo e Galicia reciben ás persoas camiñantes, a artista acollerá ás persoas visitantes no seu lugar de traballo, agasallándoas ademais cun debuxo orixinal, que poderán levar a modo de lembranza desta experiencia. O proxecto inaugurarase canda a vindeira edición do Encontro de Artistas Novos, o 1 de setembro de 2022.

Sobre Lúa Gándara

Lúa Gándara (O Porriño, 1988) é unha artista multidisciplinar graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cun posgrao de Creación Sonora na Universidade de Barcelona e un mestrado de Profesorado en Educación Secundaria na especialidade de Artes e Debuxo. A súa obra plástica foi seleccionada en diversos certames como a 15ª mostra MAC, museo de Arte Contemporáneo Fundación Naturgy, o Prémio Artistas do Alto Minho e Galiza 2016 de la Fundaçao Bienal de Cerveira, o VIII Premio para Novos Artistas Auditorio de Galicia ou a X Bienal Internacional Pintor Laxeiro, entre outros. Obtivo o Primero Premio “Novos talentos luso-galaicos” na “IX Bienal de Pintura Premio Eixo Atlántico”.  

 
Exposicións
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h