Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia

Nun tempo marcado pola produción industrial e a cultura dixital, a artesanía emerxe como unha das tendencias do momento, reivindicando a autenticidade do feito a man fronte ao impersonalismo das copias en serie. Neste contexto, a creatividade e a excelencia técnica de artesás e artesáns galegos está a obter un elevado recoñecemento. Marcas como Loewe, chefs con estrelas Michelin, publicacións especializadas ou feiras de capitais como Estocolmo ou Londres volven a ollada ás pezas aquí realizadas.

Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia dirixe o foco cara a estas tres especialidades, nunha viaxe desde o século XXI á Idade de Ferro. Comisariada por Verónica Santos, a mostra ofrece unha visión renovada da artesanía, non só como gardiá de oficios en perigo de desaparecer, senón formulando unha idea de futuro que fala da beleza dos materiais naturais e da capacidade dos obxectos para expresar a nosa identidade.

Para exhibir as pezas, Izaskun Chinchilla, recoñecida arquitecta polo seu compromiso coa sustentabilidade, deseñou catro cúpulas xigantes, inspiradas no pensamento de John Ruskin, un dos defensores históricos da artesanía no movemento arts&crafts.

Obradoiros e demostracións: Unha exposición viva

O Museo transfórmase cada fin de semana ata finais de xuño nun grande obradoiro, onde poder ir ver e aprender técnicas de cerámica, xoiería e cestería da man de mestras e mestres artesáns. Ao longo da exposición ofreceranse demostracións artesanais, charlas ou diversas actividades vencelladas coa práctica destes oficios, pensadas para toda a familia, xa que supón un xeito efectivo de achegarlles ás novas xeracións como se conservan e se innovan técnicas de elaboración artesá milenarias para crear pezas, que hoxe son tendencia na moda e no deseño actual e contemporáneo.

                 
 

           

 
Exposicións
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h