Fotografía en Curso | Formacións docentes

'Fotografía en curso' é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica dirixido a rapaces de entre 8 e 18 anos cun triplo obxectivo: facer transmisión da fotografía como arte, cultura e creación; favorecer a descuberta do patrimonio fotográfico e a fotografía contemporánea; e xerar un retrato do territorio a través dunha proposta de prácticas creativas.

No marco deste programa, o Centro Galego de Artes da Imaxe organiza na Cidade da Cultura un obradoiro dirixido da docentes de escolas e institutos que se celebrará en tres xornadas de outubro de 2021, xaneiro e marzo de 2022.

Os principais eixes de acción do programa 'Fotografía en curso' son:

  • A formación do profesorado.
  • Os obradoiros con fotógrafos/as.
  • A web, onde teñen un papel central o apartado dedicado ao descubrimento de fotógrafos diversos e o de exposición das fotografías realizadas polo alumnado.
  • Un programa de prácticas fotográficas partilladas que permiten a iniciación á fotografía, o descubrimento da contorna e o intercambio entre alumnado de contextos sociais e xeográficos diversos.


'Fotografía en curso' é un programa de A Bao A Qu que o CGAI coordina en Galicia desde o seu comenzo no ano 2012. Os museos e os centros implicados no proxecto son: ACVic Centre d’Arts Contemporànies, Arxiu Fotogràfic de Barcelona, Arxiu Fotogràfic d’Olot, Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), Fundació Foto Colectania, Museo Reina Sofía (MNCARS), Museu d'Art Contemporani de Barcelona (MACBA) e Museu Nacional d’Art de Catalunya.

 
 
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
De martes a domingo
21 Xuñ - 26 Nov 2023
Bosque de Galicia
21 Xuñ - 26 Nov 2023
4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Xul - 15 Out 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 Xul - 5 Nov 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Ata o 7 Xan 2024
De luns a domingo | De 10 a 20 h
12 Set 2023 - 20 Xuñ 2024
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
29 Out, 3 Nov e 26 Nov 2023
Ás 19.00 e ás 20.00 horas
29 Out, 3 Nov e 26 Nov 2023
19.00h e 20.00h