Exposición fotográfica «Mariscadoras» de Adrián Baúlde

A exposición «Mariscadoras» do fotógrafo de Cambados Adrián Baúlde, rende homenaxe ás mariscadoras e o seu papel no sistema alimentario local. O Grupo de Organizacións da Sociedade Cicvil do Consello Económico e Social Europeo (CESE) organiza esta mostra no marco da súa reunión extraordinaria vinculada á Presidencia española do Cosello da UE e titulada «Soberanía alimentaria europea: o papel da agricultura, a pesca e os consumidores».

A exposición inaugurarase durante a pausa do xantar da reunión o 26 de setembro, o que crea unha plataforma única para presentar a exposición a un gran público. As obras expoñeranse desde o 26 de setembro ata o 2 de outubro de 2023 no Edificio CINC. O Grupo organiza esta actividade cultural en colaboración coa Cidade da Cultura de Galicia, que tamén é sede da súa conferencia. Dada as singulares características do Gaiás, que acolle o mellor das expresións culturais de Galicia, España, Europa, América Latina e o Mundo, o Grupo decidiu organizar aquí, de maneira excepcional, a súa actividade cultural anual.

Resiliencia e sostibilidade


«Mariscadoras»
do artista Adrián Baúlde, ofrece unha visión particular a través da fotografía da realidade e necesidades dun sector fundamental dentro dos sistemas alimentarios europeos. Soportando condicións de traballo desfavorables, as mariscadoras, na súa maioría mulleres, poñen nos pratos a riqueza da rexión, ao mesmo tempo que contribúen noutras tarefas. Ademais da captura do produto, o seu traballo abarca outras tarefas como a limpeza dos bancos marisqueiros, labores de semicultivo para mellorar a produción e actividades de coidado, protección e vixilancia.

Neste sentido, a mostra complementa e apoia o traballo realizado polo CESE en relación cos sistemas alimentarios europeos resilientes e sostibles. Trátase, por tanto, dunha forma creativa de abordar varias cuestións de actualidade que son cruciais para a sociedade civil, á vez que promove a cultura española e o traballo máis novo de artistas do país.

Adrián Baúlde é colaborador habitual de medios como La Voz de Galicia, a Guía Repsol, La Opinión de A Coruña ou ACB Photo, especializándose en fotoxornalismo, fotografía gastronómica e publicitaria. Ten participado tanto en exposicións individuais como colectivas, como Atlánticas (Museo do Pobo Galego, 2023), Corentena (Pazo Torrado, Cambados, 2020) ou PHEdesdemibalcon - PhotoEspaña.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
De martes a domingo
Con reserva de praza
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria aberta
Ata o 17 Mar 2024
Convocatoria aberta
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
9 Mar 2024
11.00—14.00 h | 17.00—20.00 h
22 Mar - 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h