Descubre a historia do fútbol galego

Revivir o primeiro partido de fútbol en España xogado en Vigo en 1876; emocionarte coa conmovedora historia da coruñesa Irene, a primeira muller en capitanear un equipo de homes; ou abraiarte con xestas dignas de David contra Goliat de equipos como o Racing de Ferrol ou o Pontevedra do 'Hai que roelo'.

Todo isto podes facelo desde casa, a través do catálogo de Valor e mestría. Galicia como fútbol, exposición que espertou o interese de preto de 40.000 persoas, que se achegaron en 2019 ata o  Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura para ver as máis de 300 pezas que compoñían este percorrido polos 144 anos da historia do fútbol galego.

Este percorrido non só che vai permitir gozar dos estelares momentos dos que ten sido protagonista este deporte na nosa comunidade, senón que che vai supor tamén a descuberta da estreita relación do fútbol galego coa cultura, especialmente coa literatura --Castelao ou Blanco Amor eran seareiros deste deporte-- ou coa pintura. Precisamente,  a imaxe da portada do catálogo (a deste blog) é autoría doutro coñecido artista; o ouresán Antón Pulido

No catálogo poderás afondar nas diferentes olladas e perspectivas dos dous comisarios da mostra, Antón Castro e Rubén Ventureira; de prestixiosos xornalistas deportivos, como Juan L. Cudeiro ou Arturo Lezcano; e de especialistas na historia do fútbol feminino, como a da profesora universitaria  Cristina  López Villar.

Preme na imaxe de embaixo para comezar esta viaxe, que é mais ca viaxe pola historia dun deporte, tamén o é pola biografía de Galicia:

 

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h