Andainas con arte

Co obxectivo de aunar cultura e natureza, a arte traspasa os lindeiros físicos do Museo Centro Gaiás e sae ás zonas verdes con intervencións artísitcas como Espellos, de Manolo Paz, Constelacións II (o 'banco do peregrino') de Clara Montoya, ou Deixa aquí os medos de Alicia Framis. Nesta pequena andaina guiada de algo menos dunha hora de duración poderás descubrir estas e outras intervencións contemporáneas que acollen os espazos exteriores da Cidade da Cultura.

As obras do ciclo Reb/veladas na paisaxe, que pon o foco na presenza da muller no eido da creación contemporánea, e a intervención artística O perpetuo tránsito cara ao presente, que reflexiona nas Torres Hejduk sobre a auga como materia capaz de adaptarse, evolucionar, purificarse e contaminarse, completan este percorrido por espazos expositivos non convencionais, artistas emerxentes e intervencións paisaxísticas. 

 

 

Medidas de seguridade sanitaria covid-19

  • Obriga de vir con máscara de protección por parte das persoas asistentes.
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada do recinto.
  • Manterase a distancia de seguridade.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal guía da visita.

 

 
Visitar
 
Verán 2021
De martes a domingo
Verán 2021
Mércores e sábados | 11h
Verán 2021
Xoves e domingos ás 11h