10 anos, 10 autores, 10 libros | Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia convida a dez dos nosos autores/as máis representativas para que compartan co público asistente as súas experiencias ao redor dunha obra senlleira da literatura galega, dentro da súa programación especial polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia.

O obxectivo non será que falen da súa propia obra, senón dalgún título da nosa literatura, seleccionado por eles mesmos, que lles marcarana súa traxectoria como lectores e, sobre todo, como creadores de literatura.

O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia é o escenario para poder coñecer as influencias literarias dalgúns dos nosos autores/as máis lidas actualmente. Nesta experiencia están acompañados por persoas relevantes da nosa cultura coas que artellarán unha conversa seguro que única e sorprendente.

Os cinco primeiros escritores do ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros poderanse escoitar na BdG en venres alternos dos meses de abril, xuño e xullo.

Tras apausa estival, nos meses de setembro outubro teremos cinco novas sesións para nos achegar á literatura galega da man de autoras e autores do actual panorama literario galego.