O transporte urbano ao Gaiás refórzase polas vacinacións

O transporte público reforza e amplía o seu servizo ao Gaiás o sábado 29 e domingo 30 de maio pola campaña de vacinación:

  • A liña 9 (Casas Novas-Gaiás) funcionará entre as 8.30 e as 21.30 (cada hora) e a volta de 9.00 a 22.00.
  • A liña C-11 terá o sábado tres prolongacións ao Gaiás (ás 17.30, 19.45 e 20.00 desde Xeneral Pardiñas) e o domingo ás 10.30, 13.30, 17.25 e 20.05, tamén con saída neses tramos desde Xeneral Pardiñas.

Podedes consultar o horario habitual das liñas premendo aquí.

Santiago de Compostela, 29 de Maio de 2021