O transporte público ao Gaiás refórzase polas vacinacións (novembro 2021)

O transporte público reforza e amplía o seu servizo ao Gaiás o sábado 27 e domingo 28 de novembro pola campaña de vacinación:

  • Liña 9 - Horarios para o sábado 27 e domingo 28 de novembro:
    • Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 21:30 (cada 60')
    • Saídas da Cidade da Cultura a Casas Novas: de 9:00 a 22:00 (cada 60')
  • liña C-11 terá os horarios habituais: o sábado tres prolongacións ao Gaiás (ás 17.30, 19.45 e 20.00 desde Xeneral Pardiñas) e o domingo ás 10.30, 13.30, 17.25 e 20.05, tamén con saída neses tramos desde Xeneral Pardiñas.

Podedes consultar a información sobre este reforzo extraodinario AQUÍ e o horario habitual das liñas premendo aquí.

Santiago de Compostela, 19 de Novembro de 2021